Benvida a Britonia

Xeografía    As súas xentes     Comunicacións

 
Xeografía

Britonia  ten orixe no territorio xerárquico ou Bispado do Reino Galaico establecido polos inmigrantes bretóns ao noreste galego desde o séc.V, que posteriormente se denominaría Provincia de Mondoñedo ata a desaparición do Reino de Galicia no séc.XIX.

É esta unha comarca íntimamente ligada ao mar e á terra, lindando co Mar Cantábrico ao norte, con Ortegal ao Oeste e as Asturias ao leste, e mais coa A Terra Cha e A Fonsagrada ao Sur. Fenomeno xeográfico característico de Britonia é a chamada Rasa Cantábrica, plataforma litoral que nace no sur de Francia e fina en Burela acadando largos de 5 qm e alturas sobre o nivel do mar de 40 m.

Os seus ríos principais son o Navia, Porcia, Eo, Masma, Ouro, Landro e Sor. Os seus cabos máis importantes son o Cabo de Bares, Ponta Roncadoira e Cabo de San Sebastián. As máximas altitudes acádanse en A Bobia (1202 m.), Gargalois (1167 m.), Cadramón (1060 m.), Penouta (899 m.) e o Monte Carracedo (833 m.).

CLIMA

O clima de Britonia caracterízase pola súa suavidade, con temperaturas tépedas no verán e frescas no inverno, obtendo nesta estación xeadas e neve na alta montaña. A temperatura media anual é lixeiramente inferior á que lle correspondería tendo en conta a sua latitude, debido aos efectos beneficiosos da Corrente do Golfo no inverno e aos refrescantes ventos do norte no verán.

Os índices pluviométricos de Britonia acadan uns promedios suaves, entre os 900mm e os 1000mm anuais, con 180 días anubados e 2000 horas de sol. Os meses de Outono a Marzo son os que rexistran maior actividade pluviométrica, 900 a 1000 mm,, descendo no verán ata 200 a 300 mm.

O mar Cantábrico goza de augas máis cálidas e calmas en comparanza co Atlántico, acadando o Cantábrico unha temperatura media estimada de +2ºC de diferencia.

ECONOMIA
Area eminentemente mineiroindustrial, agrogandeira e forestal, son as principais fontes de riqueza de Britonia os complexos industriais de Xove e Sargadelos, as exploracións de caolín e de turba, as centrais hidroeléctricas do Navia e as eólicas do Xistral e Bares, o porto de Burela, e mais os productos primarios e elaborados procedentes de actividades agrícolas, gandeiras e forestais.

Pertencente ao dominio florístico eurosiberiano, a masiva plantación das especies de rápida medra de pinos e eucaliptos cambiou nas últimas décadas a paisaxe de Britonia, antigamente poboada de bosques de caducifolias, especialmente de carballo. O reaxuste do sector primario da última metade de século creou unha forte vaga migratoria cara América e os países europeos. 

A Antiga Provincia representa unha das economías máis dinámicas de Galicia, localizada estratéxicamente no eixo da Autovía do Cantábrico, permitindo unha rápida comunicación e intercambio cos mercados europeos. O sector terciario desenvolveuse extraordinariamente nas últimas décadas e o turismo rural supón unha nova fonte de ingresos. Os sectores productivos son o grande potencial e presentan enormes perspectivas de futuro unha vez superada a crise do reaxuste provocado pola Unión Europea.
 
 


As súas xentes 

 






HISTORIA

Area habitada desde o ano 1.300 a.C. polos Galaicos, celtas pertencentes á familia lingüística do Gaélico Irlandés e Escocés, foron estas terras repoboadas por sucesivos continxentes de celtas britones cristianizados que arrivaban ao norte de Galicia fuxindo da invasión saxona da provincia romana de Britannia. En tempos do Reino Galaico-Suevo da baixa Idade Media, foilles concedida a organización política e relixiosa do noreste do Reino, a partires de aquela coñecido como Bispado de Britonia.

O Bispado de Britonia gozou de grande prosperidade económica e política no Reino de Galicia, sendo pilar de apoio e refuxo dos notables do Reino e desenvolvendo tanto o comercio con Europa como o aproveitamento dos recursos internos. A destrucción da capital de Bretoña polos viquingos causou o traslado da Sede á vila de Mondoñedo, que desde entón cedería apelativo á Provincia homónima, entrando nun periodo de decadencia que culmina coa cesión a Oviedo das terras entre os ríos Navia e Eo.

Debilitada a nobreza galega tras as Guerras Irmandiñas, os Reyes Católicos houberon aínda derrotar e decapitar na Praza da Catedral de Mondoñedo ao Marechal Pero Pardo de Cela, anexionando así Galicia ao Reino de Castela no séc. XV. Nos Séculos Escuros, as xentes de Britonia soportaron levas militares e abusivos impostos para financiar as guerras do Reino de España, o comercio marítimo con América e Europa foi prohibido, os montes foron deforestados para construir as Armadas españolas e a cultura galega foi censurada. 

No albor do séc.XIX, no rexurdir do sentimento e cultura galegas, a provincia de Mondoñedo adheriu o levantamento militar de 1848 pola Autonomía de Galicia, que rematou tráxicamente cos fusilamentos dos Mártires de Carral. Igualmente, Britonia deu o nacer de grandes figuras do Galeguismo, como Armando Cotarelo, Alvaro Cunqueiro, Conrado Vilar, Pascual Veiga ou Fermín Penzol

AS TERRAS NAVIA-EO

Nun periodo de decadencia do Bispado de Britonia, as terras entre os ríos Navia e Eo fóronlle cedidas ao Bispado de Oviedo, aínda que estas terras, con Castropol como cabeza, seguiron considerándose coma parte do Reino de Galicia ata a definitiva división ordenada por Felipe II a finais do séc.XVI, que recortou o linde oriental do Reino ata o río Eo.

A imposta fronteira política non deu alonxado do resto de Galicia as Terras Navia-Eo: a patria de Armando Cotarelo, Conrado Vilar e Fermín Penzol reclama máis investimentos para o seu tecido economico e para a proteccion da súa identidade cultural galega.

POBOACION E IDIOMA 

Ben que o antigo celta goidélico galaico influencia fortemente o actual idioma galego, o establecemento dos continxentes bretóns deixou pegada en toponimias como Mogor (castro), Lan ou Pol (parroquia). Nos territorios habitados por bretoñeses sitúase unha bolsa dialectal do idioma galego conecida sob o nome Area Mindoniense.

Nas zonas occidentais ao río Navia, o artigo galego "O" muda cara a forma "El". O extremo oriental do idioma galego encóntrase no río Frexulfe, aínda que varias isoglosas galegas chegan ata Degaña e Cangas de Narcea, e incluso ata Oviedo, no centro de Asturias. 
 
 


Comunicacións

 






TERRESTRES

As principais vías de acceso a Britonia entran por Mondoñedo (N634 / E70), Navia e Meira (N640), Salime (C630), O Vicedo (C642) e Muras (C640). Existe unha completa rede de gasoliñeiras nas zonas costeiras, contando as máis delas con supermercado e lavadoiro de autos. 

O servicio público de transporte nas terras de Britonia está principalmente xestionado por Castromil e Alsa. Os principais núcleos de poboación posúen servicio de Taxi. As estacións de camiño de ferro máis próximas son Lugo, A Coruña e Oviedo. 

MARITIMAS

Britonia posúe portos axeitadamente equipados para o atraque de embarcacións deportivas en Burela, Castropol, Ribadeo, Navia, Tapia e O Vicedo.

AEREAS

O Aeroporto Internacional de Lavacolla en Santiago de Compostela (981 597 400) provee comunicacións regulares con Buenos Aires, Nova Iorque, Frankfurt, Xenebra, Zurich, París, Bruxelas, Londres, e as principais capitais do continente americano e europeo. O Aeroporto de Alvedro en A Coruña (981 187 200) e o Aeropuerto de Asturias (985 127 500), manteñen liñas regulares con París, Madrid, Londres e Barcelona. O Aeródromo de Ribadeo, cunha pista de aterraxe de 900*80mt. permite a aterraxe de avionetas e avións de axeitada envergadura.

DIXITAIS

Diversos satélites cubren perfectamente a comarca para envío e recepción de correo electrónico. Videoconferencia posible con requirimentos previos.

Contacte con Abertal  para asesoramento sobre as mellores empresas internacionais e locais en solucións de comunicación complexa en Britonia.

Páxina principal

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com