O VICEDO
A lendaria Illa Coelleira
 
Entre as rías do Barqueiro e Viveiro, O Vicedo é unha estación estival moi apreciada pola natureza e pola fermosura da súa costa



O espazo natural da Illa Coelleira

En fronte das concorridas praias de O Vicedo, a paraxe natural da Illa da Coelleira é refuxio ecolóxico de flora e aves migratorias. Primeiro monxes celtas e posteriormente cabaleiros templarios habitaron a illa Cunicularia ata o seu desaloxo no séc.XIV. A illa de San Martiño, no río Sor, tamén contou con colonización monacal ata o séc.XV. 

Os cantís da costa do Vicedo agachan praias de fina e branca area como son as de San Román, Abrela, Arealonga ou a premiada con Bandeira Azul de Xilloi. Practícase a pesca no río Sor, onde un benigno microclima fai que en Mañón medre unha colonia importante e atípica de camelias
 

O Vicedo turístico

Merecen visita a mámoa de San Miguel de Negradas, os castros de Tarroeira, Vicedo e Suegos, e os múltiples cruceiros e petos de animas, entre os que destacan os da parroquia de Cabanas. A súa igrexa parroquial ten unha nave de estilo oxival do séc.XIV. 

Unha importante obra da enxeñería da época é a Ponte de Ferro de 1901, actualmente en desuso, e de tempo máis antigo é a Ponte do Porto, de orixe medieval, pertencente ao Camiño Real Viveiro-Ortigueira. No centro da ponte está o marco do límite entre as provincias de Mondoñedo e Betanzos. 

As principais festas do Vicedo son as patronais de San Estevo a principios de agosto, e o Festival Folclórico da Mariña Lucense, a finais de xullo. 
 

Para saber máis de O Vicedo:
Concello de O Vicedo: Doutor Prado Villapol, 15 / tel.982 590 001

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com