DA GALLAECIA CÉLTICA AO REINO DE GALICIA
Xa
desde tempos prehistóricos data a unidade cultural do territorio
comprendido entre os ríos Douro-Mondego e o río Navia.
Coa administración romana, esta entidade étnica e xeográfica
recibe o nome de Gallaecia, que abrangue as terras ata a cidade
de Avila e ata o río Sella: O cronista Hidacio sitúa o nacemento
do emperador Teodosio na cidade de Gallaecia de Cauca (Coca, actual provincia
de Segovia), e Orosio sinala que astures e cántabros pertencen a
Gallaecia, apuntando que Numancia estaba situada nos seus límites.
A provincia de Gallaecia constaba de 3 conventos xurídicos:
Lucense, entre o río Lerez
ao sur e o Navia ao este con capital en Lugo, Bracarense, entre os ríos
Lerez e Douro, con capital en Braga, e Astur, entre os ríos Navia
e Sella, con capital en Astorga.
O REINO GALAICO-SUEVO
O
pobo xermano dos suevos instálase na Gallaecia no séc.V e
alíase cos galaicos creando o primeiro Reino da Europa medieval,
con centro administrativo en Braga. Como primeiro Estado medieval, os galaicos
crearon unha superestrutura administrativa e nacional propia actuante no
Mundo coñecido, con alianzas exteriores con bizantinos e francos
fronte aos wisigodos, así como modelo organizativo para os futuros
reinos ibéricos.
O sistema monetario Galaico-Suevo foi o primeiro en se emancipar
do Romano, a Igrexa Galega cohesionouse como institución
nacional e política do Reino, e formalizouse a distribución
interior de Galicia en parroquias, institucións celtas que
se manteñen invariadas ata este tempo, igual que a superior estruturación
comarcal en arciprestados. Confírmase no Reino tamén nesta
época outra institución económica celta: o Foro.
Tras un século de guerras os wisigodos anexionan finalmente o
Reino de Galicia, pero respetan unha certa autonomía politica por
mor da especial gobernabilidade e idiosincrasia cultural dos galegos. Ao
pouco, o reino Ibero-Wisigodo é esnaquizado polos árabes,
recobrando Gallaecia a súa soberanía e comenzando
a expandir o seu territorio para o sur.
O REINO DE GALICIA
Durante máis de 4 séculos Gallaecia compartiu a península
coa Hispania Arabe, como lembra o Beato de Liébana cando denomina
Gallaecia a toda a zona cristiá da península. Os reis galegos
máis coñecidos deste periodo son Pelaio,
por mor da victoria contra os árabes na Batalla de Covadonga, e
Fruela,
que fundou a futura capital da monarquía asturiana en Oviedo como
unha fortaleza garda da fronteira oriental de Galicia.
O peso internacional do Reino de Galicia é resaltado por
fontes da época como os Anais de Cambrai en 1159, nomeando en Europa
"os tres imperios de Bizancio, Xermania e Galicia". A autoridade
dos reis galegos abranguía tamén dominios en Al-Andalus,
recibindo fidelidade dos gobernadores de Badajoz.
En
1095 Raimundo de Borgoña divide a Gallaecia en dous territorios,
pasando o Convento Bracarense e as novas conquistas aos árabes a
se denominar Portugal. Sucesivas loitas internas afeblecen aínda
máis a unidade do Reino de Galicia, que será anexionado por
Castela no sec.XV, tras a decapitación en Mondoñedo
do Marechal Pardo de Cela. Ben que simbólica
é a derrota do Marechal, foi a cidade de
Ponferrada
a derradeira praza forte galega en se rendir aos Reyes Católicos.
Para saber máis sobre a situación socio-lingüística
das Terras Navia-Eo:
Lingua e Cultura Galega de Asturias, Vigo, Edicións Xerais de
Galicia, 1994
A Galicia Irrendenta, Alvaro Xosé Lopez Mira, Edicións
Xerais de Galicia, 1998 |