BRETOÑA
Sede do Bispado de Britonia
 
Capital das terras dos bretóns nos primeiros séculos do Reino de Galicia, a vila de Bretoña recorda orgullosa os anos de esplendor como cabeceira relixiosa e política da provincia bretoñesa



Os bretóns de Galicia

Dos séc. IV ao VI, milleiros de celtas da provincia romana de Britannia abandoaron a súa illa natal. Os máis deles foron asentarse na Península de Armorica, creando o florecente Reino de Bretaña, en tanto que un grupo máis reducido se dirixiu a Gallaecia, onde fundaron un Bispado-Provincia de grande influencia que perviviu ata a eliminación do Reino de Galicia no séc.XIX. 

Os novos chegados asentáronse co beneplácito dos reis galaico-suevos na costa desde Ferrol ata o Navia, establecendo a súa sede en Bretoña e participando na política do Reino gracias ás súas privilexiadas relacións co Bispado de Dume, capital do Reino Galaico-Suevo na época. Destruída a capital de Dume na anexión visigoda, os notables do Reino refuxiáronse temporalmente cas os bretoñeses, que trasladaran a súa capital a San Martiño de Mondoñedo, tras ser destruída a vila de Bretoña na invasión viquinga de 966-971

No séc.XII, o oriente de Britonia é cedido ao Bispado de Oviedo e paulatinamente a denominación do Bispado-Provincia de Bretoña e das suas terras muda a "Mondoñedo", desaparecendo xa formalmente o seu primeiro apelativo no séc.XIII. A orixinal sede de Britonia constituise en 1821 como Concello de Vián, para pasar a ser desde 1840 Terras da Pastoriza. 

Os bretóns-galegos ou bretoñeses gozaron dunha extraordinaria importancia nos primeiros séculos do Reino de Galicia. Politicamente, apoiaron activamente ao Bispo de Dume, educador e conselleiro de reis galegos. Relixiosamente, reforzaron a Igrexa Celta de Galicia, modelo organizativo da cristiandade medieval propio de Irlanda, Escocia e a Britannia celta, Armórica e Gallaecia. Culturalmente, os bretoñeses integráronse axiña pola pertenza á común familia étnica, aínda que os da Britannia deron en influir sobre a lingua galega da súa área de asento, orixe do Dialecto Mindoniense
 

O Monasterium Maxime de Bretoña

A igrexa parroquial de Santa María de Bretoña é o unico vestixio conservado da antiga capital dos bretóns durante os primeiros séculos da Idade Media. Ben que edificación recente, o tempo actual foi erixido sobre as ruínas do antigo mosteiro principal das terras de Britonia, e conserva varias pedras da primixenia edificación, como a cabeza do anxo na entrada da torre do campanario. 

Unhas excavacións realizadas nos anos 1970 deixaron á luz a extensa estrutura do orixinal mosteiro, descubríndose varios nobres sartegos, estancias, e divisións, sempre cubertas dunha capa de cinza en recordo do terror viquingo que destruiu a principal fonte de poder bretón en Galicia. 

Un paseo polo inmediato redor da igrexa parroquial situaranos sobre as dependencias do Monasterium Maxime, desde donde se aprecian os muros do castro no que se situou o emprazamento monacal. Outros monumentos antigos de interese en Bretoña son a Casa do Bispo e a Casa do Pazo, antiga propiedade de Pelaio Rei de Galicia, monarca afamado pola súa victoria sobre os musulmáns na Batalla de Covadonga. 
 

A Festa Celta de Bretoña

Bretoña é unha vila orgullosa das súas orixes e do seu futuro, como punteira cabeceira agrícola-gandeira da comarca. Numerosas asociacións dinamizan a vida cultural da parroquia, como é o caso da Asociación Auruxeira, organizadora da Festa Celta, ou da Irmandade Galiza-Bretaña, promotora de intercambios económicos e culturais entre as dúas celtias continentais. 

A Festa do Lugnasad de Bretoña celébrase cada verán no meigo couto da Auruxeira, con masiva asistencia de bretoñeses de toda a antiga provincia, música celta, licor Maeloc e sorteo de porco bravo. No Campo do Oso vai unha sonada Rapa das Bestas. O couto da Auruxeira é outramente sosegada área de lecer, podendo apreciar o céltico conxunto escultórico do artesán bretoñés Iván Alvite. 

Outra prácida área de lecer é a de Fonmiñá, considerada o primeiro tramo do río Miño tras nacer en Irimia, que conta coa veneración escultórica de Paz Picallo ao pai dos ríos galegos. Unha subida ao Monte Carracedo permite o máis privilexiado panorama das terras dos bretoñeses, desde Bretoña e a Terra Chá ata O Masma e Foz, e desde A Bobia e Os Ancares ata O Xistral e O Valadouro
 

Outras Bretoñas en Galicia:
Bretoña, lugar de Barro, Rías Baixas 
Bretoña, lugar de Monforte de Lemos, Ribeira Sacra 
 

Para saber máis de Bretoña:
Concello de A Pastoriza: Estrada / tel: 982 332 197

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com