BURELA
A Festa do Bonito
 
Ponto xeográfico terminal da Rasa Cantabrica procedente desde Francia, o porto de Burela é centro da actividade portuaria boniteira do Cantábrico



Principal porto boniteiro do Mar Cantábrico

Creada por carta poboacional do Bispo de Mondoñedo en 1250, Burela é unha vila urbana desenvolvida recentemente gracias á importancia económica do porto e dos seus equipamentos sanitarios e administrativos. Burela é o porto cantábrico líder en captura do Bonito do Norte, Príncipe Azul de calidade suprema que dinamiza extraordinariamente a actividade portuaria durante o verán. 

Os productos do mar, peixes e mariscos son a especialidade culinaria de Burela, que celebra na primeira semana de agosto a gastronómica e abondosa Feira do Bonito. Destacan tamén os eventos lúdico-comerciais da Feira Monográfica do Mar, Expomar, en maio, ou a Feira de Mostras en agosto. Outras festividades estivais son a popular Virxe do Carme e San Xoán Bautista no mes de xuño e máis a Romaría do Monte Castelo en xullo, ascensión piadosa a este outeiro desde o que se enxerga a costa desde a Ponta de Morás en Xove ata o Cabo de San Sebastián en Tapia

Desde a panorámica área de lecer do Monte Castelo, perto do asentamento celta onde foi encontrado o torques de Burela, distínguese ben a forma da Rasa Cantábrica, fenómeno xeográfico que comeza en Francia e ten o seu término en Burela. Vila de diversión e de encontro para a xuventude da comarca, favorecido pola praia de Bandeira Azul da Marosa, merece unha visita turística as interesantes pinturas do séc.XVI da igrexa de Vila do Medio. 
 

Para saber máis de Burela:
Concello de Burela: praza da Mariña / tel: 982 586 000

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com