ABADÍN
Porta da Terra Cha
 
Terra montañeira entre o Xistral e a Terra Cha, Abadín forma un enxebre espacio natural dominado pola altitude do invernés Cadramón



O sur da Serra do Xistral

Antigas terras da Provincia de Mondoñedo ligadas historicamente aos centros monásticos de Meira e Lourenzá, Abadín é un senlleiro espacio natural presidido pola invernía altitude do Cadramón, un dos cumios máis septentrionais do Reino de Galicia. Desde o hábitat natural de rebaños de cabras e ovellas nacen no Xistral os ríos de boa pesca do Anllo e o Támoga, que descenden armoniosamente cara a Terra Cha entre emotivas e feiticeiras fragas. 

Entre os seus monumentos cabe salientar a sinxela igrexa románica de Santa María de Abadín, do séc.XII, con capela gótico-isabelina do séc.XVI, así como os numerosos cruceiros espallados por estas terras, especialmente os da parroquia de Corvite

A popular Feira de Santos de Abadín, celebrada nos primeiros días de novembro, é un grande encontro comercial e festivo que atrae a xentes de toda Galicia. Son tamén moi populares a romaría de San Cosme da Montaña en Galgao o 26 e 27 setembro, e as festas de Abadín a finais de xuño. 
 

Para saber máis de Abadín:
Concello de Abadín: Praza do Concello / Tel. 982 508 021

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com