EILAO
Corazón das Terras Navia-Eo
 
Eilao é o corazón xeográfico das Terras Navia Eo, ubicado entre as neveiras altitudes de A Bobia e de Gargalois


Natureza en estado puro

O río Navia descende por Eilao camiño do Cantábrico abríndose paso entre as neveiras Serras de San Isidro e A Bobia (1202m) no Oeste e as de Carondio e San Roque (Gargalois, 1167m) no Leste. A solitude e a montesía da paisaxe de Eilao convidan a interminables excursións entre as súas landas, fragas e cumios. 

Senlleira terra situada no corazón de entre Navia e Eo, florecen en Eilao iniciativas económicas e culturais como o Centro Experimental Agrario de Pastos de Alta Montaña do Alto del Correlo ou a sede da Mesa pola Defensa do Galego e da Cultura da Comarca, asociación que promove a oficialidade da lingua galega no oriente do Reino de Galicia. 

Merecen visita turística en Eilao a anta de Enterríos, a Pedra da Filadoira, o castro de El Castelón, e máis os enxebres exemplares arquitectónicos barrocos da Casa da Lomba de Xío, a Casona Grandela, a Casa Petrona e a Ermida de Pastur, orixinaria do séc.XVII. Practícanse deportes náuticos no encoro de Doiras e o lecer en áreas como El  Folgueirou e a ponte sobre o Navia en Eilao. A situación céntrica destas terras permite rápidas visitas a Boal, Vilanova e Sanmartín de Oscos, Pezós, Villalón e Allande
 

Para saber máis sobre Eilao: 
Concello de Eilao: A Rampa / tel. 985 620 256

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com