Arte Megalítico

    Dividiremos este apartado temático en varias seccións, para o que a palabra arte serán entendida na súa acepción máis ampla. Non faltará o estudio das arquitecturas megalíticas, que tanto identifican o período e que resultan tan atractivas a todos aqueles que nos achegamos a coñecelas. Explicaremos o xeito en que foron construídas, valorando na súa xusta medida a mámoa que as envolve, xa que se trata de estructuras de gran complexidade que fixo que os arqueólogos prefiran nos últimos anos a expresión "fenómeno tumular" antes que fenómeno megalítico.

    Estudiaremos específicamente dous aspectos estrictamente artísticos como son as pinturas ou gravados aparecidos nalgúns dólmenes. Son os especialistas en arte megalítica os que deben dar unha explicación acerca do seu significado. É indubidable, nembargantes, que teñen un fundamento relixioso vencellado ó culto ós mortos, ó sol ou á crenza nunha deusa nai.

    Arte é tamén nun sentido amplo o enxoval que acompaña os enterramentos, pois a elaboración de vasos cerámicos ou ferramentas precisa mans expertas; e manifestacións artísticas son os pequenos ídolos localizados no límite tumular dalgúns dólmenes, xa que non deixan de ser primitivas manifestacións escultóricas.