Ídolos

idolo

Ídolo de Parxubeira 1

Parxubeira 2

Ídolo de Parxubeira 2

Idolo Dombate

Ídolo de Dombate

 

      Os ídolos constitúen a primeira manifestación escultórica aparecida en Galiza. Son pequenas estelas ou cantos rodados cunha tosca forma antropomorfa que apareceron nas escavacións de diferentes dólmenes galegos: Dombate, Mina da Parxubeira, Cova da Mora.

    Foron localizados fronte ó corredor de acceso, no límite tumular, polo que teñen sido interpretados como deidades protectoras dos mortos, como representacións simbólicas destas ou como delimitadores dun espacio funerario de carácter sagrado.

    O ídolo de Parxubeira señalado co nº 1, sinalado con nº 1 no debuxo, é unha estela antropomórfica e leva unha serie de rebaixes que lle dan esta apariencia. Está fweito con gneis granítico e é de maiores dimensións que os outros, xa que mide 42 cm de alto por 32 cm de ancho, tendo un espesor de 5 cm.

    O segundo ídolo de Parxubeira pertence ó tipo de ídolos coñecidos como betilos, que son pequenos cantos rodados, neste caso de anfibolita e presenta uns gravados na súa parte superior que converxen cara ó centro. Mide 12,5 cm de alto por 9,5 cm de ancho.

    O ídolo de Dombate está feito de granito e mide 32,5 cm de alto por 11 cm de ancho; ten unha lixeira forma antropomórfica na que poden distinguirse a cabeza, o colo e a cintura.