Arquitectura

Figura 1

 

Figura 2

Figura 3

Figura 4

    Son os dólmenes os elementos máis chamativos do fenómeno megalíticso. Para a súa construcción había que localizar en primeiro termo a materia prima, a pedra coa que ían ser levantados. No caso galego é predominante o emprego do granito e nalgúns casos do xisto. Para a súa extracción buscaríanse liñas de fractura naturais na rocha, onde eran introducidas pequenas cuñas de madeira que despois de molladas, dilalaban, favorecendo a ruptura dun bloque de pedra.

    Para o transporte deste bloques (Figura 1.), empregábanse pequenos troncos a modo de rolos e cordas, tendo en conta que por diversos estudios realizados, considérase que 5 ou 6 persoas son suficientes para arrastrar unha pedra dunha tonelada, plo que no caso galego probablemente cunhas 30 ou 40 persoas poderían ser levantados os dólmenes de maiores dimensións.

    Unha vez situados os bloques de pedra no lugar preciso, facíanse unhas gabias, situando a terra extraìda ó redor delas, a modo de rampla. A primeiro pedra en ser erixida é o esteo de cabeceira, é dicir, o situado fronte á entrada (Figura 2.). Colócase cunha certa inclinación cara ó interior, enterrado ata un tercio do seu tamaño, afianzándose cunhas pequenas pedras en el ían apoiándose sucesivamente as restantes chantas da cámara megalítica, no que se coñece como técnica de imbricación.

    A continuación completábase o túmulo (Figura 3.) que podía levar unha coiraza, capa de pedras coidadosamente colocadas que impediría a erosión e un anel pétreo exteiro que evita o seu esmoroamento, enchendo tamén o interior da cámara funeraria ou apuntalándoa con troncos, para evitar súa caída e facer así máis seguro o arrastre e colocación da tampa do monumento.

    No último térmo procedíase ó baleirado do interior da cámara para a inhumación dos cadáveres e a colocación do enxoval. En reutilizacións posteriores obsérvanse outras prácticas funerarias como a incineración ou os enterramentos secundarios.

    En Galiza, son os mouros a nivel popular, os responsables da construcción dos dólmenes.

    O corredor de acceso, se o ten, levántase seguindo unha técnica semellante, e diante del empédrase unha área chamada atrio, delimitada por unha fiada de ídolos (Figura 4.) para indicar o acceso a un recinto funerario.

    En Galiza, ó igual que noutras partes de fachada atlántica europea téñense descrito dólmenes de madeira, e ó parecer consérvanse restos dun deles na localidade coruñesa das Pontes, aínda que non no seu emprazamento orixinal; dos demáis ó unico que coñecemos é a súa pegada arqueolóxica, que aparece nas escavacións.

arriba