RIOTORTO
Terra de ferreiros
 
Na parroquia de Ferreiravella medio centenar de ferreiros perduran este antigo e tradicional oficio artesanal que goza de alta reputación pola súa calidade en ferramentas de corte



O Val do Río Torto

Riotorto é unha terra rural e sosegada. As súas prácidas paisaxes convidan a panorámicas excursións polas serras do Pousadoiro e Augaxosa ou polos vales dos ríos Orrea, Eo e Torto. 

O bretoñés Monte Carracedo enxerga un panorama de excepción do Cantábrico e o val do Masma, abranguendo xeograficamente desde As Pontes ata os Ancares. No alto do Carracedo, no que abondan as reses de gando en liberdade, loitárase unha cruenta batalla contra as tropas napoleónicas no séc.XIX. 
 

A artesanía de Ferreiravella

Terra da provincia de Mondoñedo ata a súa desaparición en 1822, permanece na parroquia de Ferreiravella unha prestixiosa tradición ferreira emparentada coa de Pontenova, Taramundi e Os Oscos. Coitelos, fouces e outras ferramentas de corte dan sona a esta artesanía de incomparable calidade. 

Entre os monumentos de Riotorto destacan a Capela de San Bernabé e San Roque do séc.XI, en Espasante de Riba, e os artísticos retablos das igrexas de Santa María e San Pedro en Meilán. O segundo sábado de setembro celébrase na Muxueira a Feira Anual de Augaxosa, de vocación tanto comercial como gastronómica-festiva. 

Festas de grande popularidade son as patronais de San Pedro e Santa Isabel, o 29 e 30 xuño nas Rodrigas. Dúas semanas máis tarde, no segundo sábado de xullo, o mesmo lugar concentra unha longa e devota fila de emigrantes, transportistas e conductores por mor da bendizón dos seus vehículos na honra de San Cristovo. 
 

Para saber máis de Riotorto:
Concello de Riotorto: As Rodrigas / tel. 982 346 222

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com