A PONTENOVA
As minas de Vilaoudriz
 
O rico val da Pontenova é célebre polos seus históricos altos fornos de limonita e pola deliciosa troita do río Eo



A minería en Pontenova

No ano 1905 inaugurouse unha liña de camiño de ferro que desde Vilaoudriz carrexaba a Ribadeo os minerais extraídos das minas de limonita. O tren mineiro descendía paralelo ao río Eo nun traxecto de 34 km, facendo chegar ao porto de Ribadeo os minerais das minas de Vilaoudriz, ben que o tren tamén era utilizado como transporte de viaxeiros. 

En 1964 minas e camiño de ferro clausuráronse, conservándose os altos fornos como Parque Etnográfico e testemuño presente da grande importancia histórica da actividade mineira nestas terras. Desde a área de lecer dos fornos de limonita, na beira do río Eo, pódese recrear o percorrido do camiño de ferro Vilaoudriz-Ribadeo seguindo o trazo da antiga vía, hoxe convertida en Rota Verde. 

A tradición ferrometalúrxica da Pontenova remóntase en todo caso a tempos máis anteriores; as ferreirías de Bogo e máis as de Taramundi son as máis importantes e traballan constantemente desde o século XVIII. Pervive desta actividade manufactureira a artesanía de coitelos da Pontenova, de grande calidade e beleza. Outro aspecto da vocación industrial da comarca é a fábrica de carrocetas IPV, a xenuína camioneta galega todo-terreno. 
 

A Festa da Troita

O Camiño de Santiago Norte arriba á Pontenova remontando o val do Eo desde Abres e Trabada en dirección a Riotorto e Meira. O Eo é un dos mellores ríos de Galicia para a práctica da pesca, encontrando nas súas augas o salmón, anguia e troita. A troita do Eo é precisamente a protagonista da célebre Festa da Troita, convocatoria gastronómica moi popular organizada cada 1 de Maio. Outra festividade importante é As San Lucas da Pontenova o 4 Outubro. Celébranse feiras e mercados en domingos alternos. 

Ademais de disfrutar do atractivo natural das terras do Eo e da súa deliciosa gastronomía, pódense visitar antigos monumentos prehistóricos como a anta da Pedra da Arca, as medoñas de Bogo e os castros celtas de Bispo en Rececende e Vilameá na Pontenova. Mostra da arquitectura fidalga da comarca son as casas do Vilar e de Cancio en Conforto, a casa de Vilaxe en Xudán e a de Solar na Pontenova. Na área de lecer dos Altos Fornos, nas beiras do río Eo, está habilitada unha praia fluvial moi concorrida no verán. 
 

Para saber máis sobre A Pontenova:
Concello de A Pontenova: praza do concello / tel.982 342 277

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com