PEZÓS
O viño de Pelorde
 
Pezós é unha pequena terra agrícola e gandeira do Alto Navia, ideal para a repousada práctica das actividades deportivas de caza e pesca



Caza e pesca en Pezós

As altitudes montesas de Pezós, como a Serra Ventosa en Cela, crean bonitas paisaxes e tépedos microclimas que permiten a elaboración de viño nestas septentrionais terras, concretamente na parroquia de Pelorde. Outra actividade productiva artesán a destacar é o mel, como testemuñan os numerosos cortines ou colmeas protexidas cun muro de pedra contra a larpeiría dos osos, actualmente ausentes dos montes de Pezós. 

As paraxes fluviais dos ríos Navia, Augüeira, Puntigo e Io crean coutos pesqueiros de troita de apacible beleza. Os próximos encoros de Doiras e de Salime permiten a práctica de deportes náuticos. O río Augüeira ofrece un área de lecer con merendeiro e zona de baño. Nos montes de Pezós practícase a caza e excursións a pé e con bicicleta de montaña

Testemuño histórico dos primeiros galaicos son as minas das Furadías en Brañavella e máis o castro de San Isidro, no linde con Sanmartín de Oscos, que conserva unha liña defensiva de laxas chantadas que tiña por obxectivo disuadir á cabalería do inimigo. Na parroquia de Pezós merecen visita o Pazo de Ron e a igrexa parroquial románica de Santiago. As principais festividades son a feira de San Martín o 11 novembro e A Asunción o 15 agosto. 
 

Para saber máis sobre Pezós:
Concello de Pezós: praza González del Valle

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com