San Martín de Oscos atesoura o patrimonio antigo-histórico
e artístico máis importante e valioso da Terra Navia-Eo
O tesouro galaico de Valdereixe
A
Diadema de Oscos está considerada a xoia celta máis importante
do sur de Europa. Traballada entre os anos 1500 e 700 a.C., este tesouro
de excepcional valor encontrado no lugar de Valdereixe representa diversos
xogos decorativos de formas xeométricas e escenas diversas da vida
galaica.
Tamén coñecida baixo o nome de Diadema de Ribadeo, esta
xoia
do Arte Galaico está exposta en 6 fragmentos diferentes por
varios museos do mundo, entre eles o e o Musée d’Antiquités
Nationales de Saint-Germain-en-Laye, no Museo do Louvre, París,
e no Museo Arqueológico Nacional de Madrid.
Na parroquia de Bousoño consérvase unha excepcional
formación defensiva consistente en afiadas laxas chantadas que imposibilitaba
a entrada da cabaleiría do inimigo. Un magnífico legado histórico
dos primeiros Galaicos que é complementado coa visita ao castro
aterrazado de Deilán, e máis ao castro de San Isidro, no
linde con Pezós.
O Pazo de Mon, importante peza do barroco galego
Os peregrinos xacobeos que entraban en Galicia por Allande
pasaban por San Martín no seu camiño cara ao Mosteiro de
Vilanova e logo A Fonsagrada. Son múltiples
e de grande calidade os exemplos de arquitectura relixiosa de San Martín:
a súa igrexa parroquial de 1828 conserva un fermoso pórtico
arrodeando á nave e, no barrio do Penedo, a capela do Ecce Homo
amosa unha talla do Nazareno. Outros interesantes templos son a igrexa
de Santa María, en Labiarón, a prerrománica de San
Pedro de Agüeira, e a ermida de Santa Engracia de Vilarín de
Trasmonte, unha das máis belas dos Oscos.
Concernendo a arquitectura popular e civil, sobrancean os muiños
de Vilarín de Piorno, Bousoño e Baldedo, o Pazo dos Guzmán,
con estrutura orixinaria do séc.XVIII, e máis o Pazo de Mon.
O
Pazo
de Mon é un monumento histórico considerado como un dos
máis importantes exemplos arquitectónicos do estilo barroco
galego. As súas dimensións e a lucidez da súa heráldica
contrastan co tamaño do lugar de Mon. Erixido sobre unha grande
rocha, a casa gris de Mon é obxecto de lendas populares galaicas
sobre princesas cautivas e serpes carcereiras.
|