O Mosteiro de Vilanova de Oscos era unha importante estación
xacobea galega para os peregrinos que entraban en Galicia por Allande
Os Oscos, estación do Camiño de Santiago
O
Mosteiro de Vilanova de Oscos era a porta de Galicia para o peregrino xacobeo
que emprendía o Camiño do Norte. Procedentes do Mosteiro
de Obona, os peregrinos entraban en Galicia por Allande
e repousaban en Vilanova antes de proseguiren a ruta cara A Fonsagrada.
Dado este importante feito, no século XII o arquitecto Domingos
Lois Monteagudo, Mestre Maior da Catedral de Santiago de Compostela,
iniciou en Vilanova a construcción do mosteiro que durante medio
milenio exercería xurisdicción sobre as Terras Navia-Eo.
O núcleo urbano de Vilanova artéllase desde aquela ao
redor do sobrio mosteiro cisterciense declarado Monumento Histórico-Artístico.
A igrexa parroquial de Vilanova, antigamente parte do complexo monacal,
exhibe un nobre sartego románico na capela central, e unha delicada
talla artesanal de madeira. Outras construccións relixiosas son
a barroca capela de Santa Eufemia, do séc.XVIII, a igrexa de San
Cristovo e a capela de Folgueira Rubia.
A máxima altitude de Britonia
Vilanova ten a máxima altitude de Britonia en A Bobia,
1202m, cun impresionante panorama que en días nítidos enxerga
a ría de Ribadeo, as terras da Mariña,
Taramundi,
Boal e Eilao. Tanto en A
Bobia como na Serra de Ouroso, que divide as cuncas do Navia e do Eo, encóntranse
reses bravas de gando.
Na Serra de A Bobia consérvase unha necrópole protohistórica
e na Serra de Pumarín quedan as mámoas da Chaira das Grallas
e a anta do Corro da Ovella Morta. Na parroquia de Morlongo pódense
visitar o seu castro, o muiño e os seus orixinais cabazos, coñecidos
coma os teitos de Morlongo.
Para saber máis sobre Vilanova:
Concello de Vilanova de Oscos: A Vila |