VILLALLÓN
Terra do Este do Navia
 
Pertencente á comarca do Baixo Navia, a dotación natural das paraxes da Serra de Carondio fan de Villallón un lugar idóneo para o turismo verde



Serra de Carondio, Paraxe Protexida

Localizada a escasa distancia do Cantábrico, a xeografía de Villallón elévase rápidamente ata alcanzar cumios como o Panondres, compartido con Navia, e como as invernías altitudes das serras de San Roque e Carondio, que sobrepasan os 1200m. Na Paraxe Protexida de Carondio encóntrase a feiticeira fervenza de Oneta, declarada Monumento Natural, ideal para realizar excursións a pé, a cabalo ou en bicicleta de montaña. Practícase a caza na reserva de Barandón e actividades náuticas como o canoe na presa de Arbón. 

Villallón é unha terra agrícola e gandeira do Baixo Navia, lindante con Allande, Boal e Eilao. En certas veigas do Navia e do Carbonel aínda se conservan bosques centenarios de corcheiros. Cara a parte leste de Villallón as isoglosas lingüísticas do galego vanse diluíndo progresivamente ata Degaña e Cangas de Narcea, aínda que algún dos trazos propios do idioma galego chega ata Oviedo, no centro de Asturias. 
 

Para saber máis sobre Villallón:
Concello de Villallón: A praza / tel. 985 625 051

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com