VIVEIRO
Cidade de Pardo de Cela
 
Cidade máis septentrional de Galicia e vila do Marechal de Pardo de Cela, Viveiro é capital de servizos da súa comarca e importante centro turístico estival


A Cidade de Pardo de Cela

O bretoñés couto independente de Landrove foi xa desde antigo un enclave rico por mor da súa intensa actividade portuaria e comercial. Administrado desde 1112 ata 1346 polo Bispado de Mondoñedo, o Rei Afonso IX declarouna daquela Vila Realenga, polo que se liberou da tutela da sede mondoniense. 

O Marechal Pero Pardo de Cela exerceu señorío sobre Viveiro, sendo Alcallde do concello e a sua terra e jurdiçon ata a súa derrota e execución en Mondoñedo. A súa filla Constanza de Castro, que loitou tamén pola soberanía do Reino de Galicia desde o seu castelo de Caldaloba, repousa no Convento de San Francisco, onde foi levada en en odor de santidade. 

Fundado en 1553 por María Sarmento, muller de Gómez Pérez das Mariñas, o Colexio de Gramática de Viveiro converteu á cidade nun dos principais centros culturais do Reino de Galicia. No séc.XIX os viveirenses resistiron o sitio napoleónico gracias ao seu sistema defensivo medieval de sólidas murallas almenadas. 
 

Gastronomía e festas de Viveiro

Estación turística das Rías Altas entre Vicedo e Xove, son ponto de encontro estival as apreciadas praias de Salcido, Abrela e Area en Celeiro, galardonada coa Bandeira Azul. Desde o Monte Castelo e o San Roque enxérganse espléndidas vistas das terras de Landrove e da vila de Viveiro. 

Na parroquia de Chavín está o Souto da Retorta, un centenario eucaliptal con xigantescos exemplares considerados dos máis grandes de Europa, plantados en 1860 para protexer a canle dunha fábrica contra as riadas do Landro. Merece visita asemade o Pazo de Grallal, do séc.XVI, situado fronte os "castelos" ou arrecifes de Covas. 

É moi reputada a gastronomía de Viveiro, especialmente os postres das Madres Concepcionistas, a troita do Landro, e os manxares da romaxe do Bo Xantar no Val do Naseiro, popular celebración declarada de Interese Turístico Nacional. Hai feiras o día 1 e o terceiro domingo de cada mes, e mercado todos os luns, xoves e sábados. 

Outras festividades son a Rapa das Bestas de Candaoso en Boimente, con romaría na bretoñesa igrexa parroquial do ano 861 no primeiro domingo de xullo, as Festas do Mar de Celeiro, as carreiras de cabalos da Feira das Maulas da parroquia de Galdo, a piadosa e famosa Semana Santa de Viveiro e máis as Festas de Agosto. 
 

Viveiro, Conxunto Histórico-Artístico

Praza Maior, presidida polo monumento ao político, poeta e xornalista Pastor Díaz, nas inmediacións encóntrase a Casa dos Leóns, renacentista do séc.XVII. 

Igrexa de Santo Domingo e Igrexa Parroquial de Santiago - Conventual de San Francisco, conxunto declarado Monumento Histórico Nacional, de estilos románico e gótico. No interior repousa a Beata Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela, que xunto ao seu home Fernán Arias de Saavedra loitou por manter a soberanía do Reino de Galicia contra as arelas anexionistas dos Reyes Católicos. 

Mosteiro das Concepcionistas, edificación renacentista ao que se lle engadiu en 1925 a Gruta de Lourdes. Perto sitúase a igrexa románica de Santa María do Campo. 

Igrexa de San Pedro de Viveiro, emprazada no primixenio núcleo de Viveiro e declarada Monumento Histórico-Artístico. Fundada no séc.VI, sofreu varias reformas ata o séc.XVII. 

Mosteiro de Valdeflores, sito no lugar de Xunqueira, Monumento Histórico-Artístico do séc.XIV. 

Porta prateresca de Carlos V, a máis interesante das outras 3 portas da antiga muralla almenada medieval de Viveiro.

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com