GRANDAS DE SALIME
Capital do Alto Navia
 
Eixo de comunicacións entre as comarcas de Navia e da Fonsagrada, Grandas de Salime é a cabeceira económico-comecial do Alto Navia



O Museo Etnográfico de Salime

A antiga Casa Rectoral de Salime é sede dun interesante museo etnográfico popular que reproduce o galaico hábitat e vida destas terras: lareira, tear, adega, hórreo e máis unha exposición de máis de 3.000 pezas de labranza, cociña, madreñas, etc..  É posible ver no museo a artesáns da comarca amosando o seu bon facer ao público e, nomeando a labores artesáns, hai que citar os deliciosos e cremosos queixos tradicionais de vaca das terras  dos Oscos

Mostra do crecente dinamismo económico e cultural de Grandas de Salime é exemplo a celebración de diversos actos culturais como as I Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias, así como o II Congreso da Lingua e da Cultura Galega da Terra Navia-Eo, O Bierzo e As Portelas. 
 

As Gándaras de Salime, capital comercial do Alto Navia

Nunha localización estratéxica entre as comarcas de A Fonsagrada e de Navia, a terra de Salime é o eixo de comunicacións entre Norte e Sur do río Navia e, xa que logo, cabeceira económica da comarca do Alto Navia. A súa xeografía montesa condiciona un peculiar e benigno microclima que permite a elaboración de viño e favorece durante todo o ano a práctica de actividades ao aire libre. 

As Paraxes Protexidas da Serra de Carondio, no linde con Pezós e Allande, acadan invernías altitudes no cumio de Pedras Apañadas. O río do Ouro chega polo leste desde terras dos Astures abríndose paso nun complicado e bravo releve ata calmar forzas no encoro de Salime de Navia, apto para a práctica de deportes náuticos. Estas ambas paraxes son ideais para excursións de un ou varios días. Outros pontos de interese en Salime son o Castro do Chao Sanmartín, a Casa de Suárez en Santa María, a vella igrexa parroquial do séc.VII de Penafuete, e máis os núcleos de Pelou e o de Grandas, coa Casa de Román e a románica colexiata de San Salvador. 
 

Para saber máis sobre Grandas de Salime:
Museo Etnográfico de Grandas de Salime: 985 627 243 
Concello de Salime: praza da Constitución / tel. 985 807 004

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com