TRABADA
A riqueza piscícola do Eo
 
Trabada é o paraíso do cazador e do pescador gracias á inmensa riqueza en especies piscícolas do Eo e de exemplares de caza na Serra da Cadeira



Caza e pesca en Trabada

Situada no curso baixo do Navia, a auga salgada do Cantábrico ten remontado o río Eo en días de temporal ata a parroquia de Ría de Abres, entre A Veiga e Santiso. O Eo é célebre pola súa riqueza piscícola, entre a que sobrancean especies coma o salmón, o reo, a lamprea, a anguia, a angula e a troita. Un paraíso natural escasamente habitado, a paisaxe de foresta e prados que ascende do Eo aos altos da Serra da Cadeira ofrece coutos abondosos en xabarín, corzo e perdís

Testemuños do pasado de Triavada son as medoñas de Vilarbetoute, o menhir do Marco da Pena Verde, e os castros de Trabada, Vidal e Santé. Da parroquia de Santé era natural o Alcalde Melchor Díaz da Rocha, quen comandou un exército que liberou a Ribadeo das tropas napoleónicas no séc.XIX. 

Trabada está inzada de pequenas e sinxelas ermidas sitas en pintorescos outeiros, lembranza de anteriores cultos céltigos posteriormente cristianizados. Numerosos romeiros congréganse cada ano nas importantes romarías de San Marcos, no alto da Cadeira, a finais de abril ou na de San Fernando, en maio, ambas coincidentes cunha feira de gando. Outras celebracións de relevancia son as Festas patronais de Trabada, o Santiago Apóstolo de Ría de Abres e o Corpus Christi en Santé. 
 

Para saber máis sobre Trabada:
Concello de Trabada: Campo da igrexa, 15 / tel. 982 135 011

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com