OUROL
A Serra do Xistral
 
As maiores altitudes da Britonia occidental descenden polas terras de Ourol ata se fundiren co Cantábrico nas terras de Viveiro



A Montaña de Ourol

As terras de Ourol comprenden unha área de transición xeográfica desde as altitudes do Xistral de Muras ata a Mariña de Viveiro no Cantábrico: é a Serra do Xistral, a formación montañosa máis septentrional de Galicia, con cumios que superan os 1000 m. 

Ourol é unha terra natural, onde os seus escasos habitantes se dedican ao cultivo do agro. Entre os seus mestos montes e outas cimas nacen ríos de frías augas como o Landro, Besteburiz ou o Sor, que descende encaixado polas terras de Mañón e O Vicedo. É Ourol paisaxe natural excelente para a práctica de actividades de lecer ao aire libre no incomparable cadro da Serra do Xistral, un dos recunchos máis inexplorados de Galicia. 

Nas abas dos últimos altos do Xistral compartidos co Valadouro, concretamente na parroquia de Miñotos, encóntranse reses de gando en liberdade e máis unha fermosa paraxe na ermida de Santa Mariña, onde o río Embalsadas. Entre as festas populares cómpre destacar a popular romaría do 13 de maio da parroquia de Bravos e o Corpus Christi de Ourol. 
 

Para saber máis de Ourol:
Concello de Ourol: O Mesón / tel. 982 559 109

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com