Quienes somos

    Esta páxina foi creada polos seguintes autores e colaboradores:

    Amando Baños, é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e guía intérprete de Galiza, e ocupouse do deseño desta páxina, así como de reuni-la documentación sobre os megalitos galegos e as páxinas que existían na rede. Actualmente desempeña o cargo de vicepresidente da : 

 

"Asociación "Amigos do Arqueolóxico", dedicada a difundir e preserva-lo patrimonio arqueolóxico galego.

    Xesús Baños, é guía intérprete de Galiza e un profundo coñecedor da arqueoloxía de España e Portugal. Viaxeiro incansable polas terras de Galiza, é o responsable dos textos. En 1996 publicou, como coordenador do Grupo de Traballo "A Fornela", a primeira guía sobre os megalitos galegos: "Antas e pedrafitas de Galicia", nestes momentos esgotada, que serviu como libro de referencia noutras publicacións posteriores sobre o mesmo tema. É membro fundador da asociación "Amigos do Arqueolóxico", con sede na Coruña.

    As fotografías de tódolos megalitos son obra de Ana María Calvo, tamén integrante do grupo de traballo "A Fornela", así coma os debuxos orixinais das seccións que abordan os temas de ídolos, enxovais e pintura, que foron feitos tomando ideas do libro de A. Rodríguez Casal "O megalitismo, a primeira arquitectura monumental de Galicia", e aplicando posteriormente color. Os dous primeiros debuxos da sección de arquitectura foron realizados a partir dun debuxo de F. Jacomelli. Agradecemos a David Vázquez que escanease as diapositivas en color.

    As plantas dos dólmenes que figuran no apartado de tipoloxía están realizadas polos outros dous compoñentes do grupo de traballo "A Fornela", José Píriz e María Xesús Calvo. Na publicación "Antas e pedrafitas de Galicia" fixeron, ademáis doutras plantas de megalitos, uns detallados planos de situación de cada dolmen, que polo momento non incluiremos nesta páxina. Xosé María Lema Suárez, no seu libro "Arquitectura megalítica na Costa da Morte" (1999), reproduce seis destas plantas (Pedra da Arca, Dombate, Pedra Vixía, Pedra Moura de Monte Cárneo, Fornela dos Mouros, Pedra da Lebre de Serramo), sen cita-la súa procedencia. 

    Os debuxos de megalitos que aparecen inseridos nas galerías de fotos desta páxina son obra de Juan Patiño, que puxo a disposición do grupo "A Fornela", o seu bo facer como ilustrador e a súa paixón pola arqueoloxía.