EL FRANCO
Terras gandeiras da Mariña Navia-Eo
 
As terras gandeiras de El Franco son particularmente apreciadas pola agreste beleza da súa liña costeira



As praias de El Franco

Os peregrinos xacobeos pasaban por El Franco en ruta a Santiago de Compostela, tras entrar en terras galaicas polo Camiño Norte de Navia. As altitudes de Penouta nos lindes con Boal suavízanse progresivamente ata terminar nunha elevada rasa erosionada polos seus cauces fluviais e polo Cantábrico. A cortada liña costeira entrevé feiticeiras praias como as de Porcía, Pormenande ou Castello, aptas para a práctica de deportes como o surf, a vela, o mergullamento ou a pesca submarina. 

Merecen visita turística en El Franco as Covas de Andines, atraínte espacio protexido declarado Monumento Nacional, o castro da parroquia de Arancedo, as igrexas de Santa María na Braña, a parroquial de A Caridá, e máis a románica de Santa María en Miudes. 

Outros exemplares arquitectónicos son o Pazo de Fonfría e A Torre, construcción de estilo indiano. Pódense visitar tamén o porto pesqueiro de Viavélez e as veciñas praias de Tapia e de Coaña. Celébrase no mes de xullo en El Franco as Xornadas Gastronómicas da horta e do mar. 
 

Para saber máis sobre El Franco:
Concello d'El Franco: praza de España / tel. 985 478 053

 
lugares
natureza
contos
lecer
economía
pousada
tenda
 britonia@pangalaica.com