Barreiros é a xoia turística e residencial estival
da Mariña, estación reputada pola beleza das súas
internacionalmente coñecidas praias
As máis premiadas praias de Britonia
A
rasa de Barreiros é unha das principais zonas residenciais e turísticas
estivais. A acción erosiva creou no litoral marítimo unhas
orixinais e belísimas formas xeolóxicas que adornan a infinda
praia cantábrica.
As praias de Barreiros, de limpas e cristalinas augas, gozan de excelente
reputación fóra das nosas fronteiras, como así o demostran
o inxente número de visitantes recibidos anualmente, igual que a
mención recibida en forma de Bandeira Azul para as praias
de Altar-San Bartolo, San Miguel e Reinante. Di a tradición que
nos longos areais de Barreiros aparece ocasionalmente o Bítere,
un opérculo pardo que dá a quen o encontre un ano de sorte
e de amor.
Desde o Pico de Corneria enxérgase un claro panorama da Ría
de Foz e da boca do Masma. Merecen asemade visita
en Barreiros os castros de Cabarcos e Vilamar, as casas de indianos, o
couto de pesca de Celeiro, e a romaría de San Bartolo o 25 de agosto.
Para saber máis sobre Barreiros:
Concello de Barreiros: San Cosme de Barreiros/ tel: 982 124 002 |