Ubicación

    Os restos megalíticos (particularmente dólmenes) e tumulares conservados en Galiza atópanse amplamente distribuídos por toda a súa xeografía, especialmente en diversas áreas que agrupamos por provincias:

A Coruña

Serra Capelada, Serra Faladoira (Forno dos Mouros) Cubeta de As Pontes (Círculo Lítico de O Freixo).

Comarca de Bergantiños: Pedra Moura de Aldemunde, Pedra da Arca, Dombate, Fornela dos Mouros.

Terra de Soneira e conca do río Xallas: Pedra Cuberta, Pedra Moura de Monte Cárneo, Serramo, Casota de Berdoias, Recesinde, Arquiña de Vilaseco, Casa dos Mouros, Pedra Vixía, Arca da Piosa, Mina da Parxubeira.

Comarca de Ordes: Cabaleiros, Aiazo.

Península do Barbanza: Cova da Moura, Casota do Páramo, Pedra da Xesta, A Cavada, Arca do Barbanza, Casarota do Fusiño, Axeitos, Pedrafita de Cristal, Necrópolis de Os Campiños.

Terra de Melide: Forno dos Mouros, Pena do Raposo.

Lugo

Terra Chá: Mollafariña, Menhir de Pedra Chantada, Roza das Modias, Capela dos Mouros, Necrópolis de Lousada, Chao de Mazós, Mámoa da Granxa.

Zona de Friol: Moruxosa, Adai, Bravos.

Terra de Lemos e O Incio: Abuime, Santa Mariña.

A Fonsagrada: Hospital.

A Mariña: Santo Tomé, Círculo lítico de Prao das Chantas.

Ourense

Val do río Arnoia: San Cibrao de Pardavedra.

A Limia: Menhir de Pedra Alta.

Val do río Salas: Casiña da Moura, Casola do Foxo, Necrópolis de Outeiro de Cavaladre.

Serras de Queguas e Leboreiro: Casa da Moura, Mota Grande, Mámoa de Outeiro do Ferro.

Pontevedra

O Salnés e Moraña: Casiña da Moura, Lapa de Gargantáns.

O Morrazo: Chan de Castiñeiras, Chan da Armada, Chan da Arquiña, Mámoa do Rei (Vilaboa).

Área de Vigo: Meixoeiro, Mámoa do Rei (Trasmañó), Casa dos Mouros, A Madroa.

Terra de Deza: Mámoa da Cruz, Marco do Camballón, Couto dos Mouros.