VERSIÓN EN CASTELLANO · ENGLISH VERSION

El Megalitismo en Galicia

    Esta páxina foi creada co ánimo de dar a coñecer o fenómeno megalítico galego, que aínda que non ten a espectacularidade do que se pode ver noutras rexións europeas, está dotado dalgunhas singularidades interesantes que queremos difundir:

Abundancia de túmulos.

Existencia de arte parietal nos megalitos.

Escasez de pedrafitas e circos líticos.

    A pesar da intensa destrucción á que estiveron sometidos, poden cifrarse nuns dez mil os túmulos existentes na xeografía galega. Non só estiveron expostos ás violacións clandestinas na procura de tesouros, foron víctimas do aproveitamento agrícola, ou as súas pedras foron empregadas noutras construccións, senón que tamén as propias autoridades concederon nos primeiros anos dos século XVII unha cédula real a favor do licenciado Vázquez de Orxas, permitíndolle escavar as tumbas dos "xentiles galigrecos" en busca de ouro, o que fixo que os labregos abriran máis de 3.000 mámoas.

    Esta páxina pretende difundir, sen demasiadas especificacións teóricas, o coñecemento actual e a situación na que se atopan os nosos restos megalíticos, empregando para iso un deseño que esperamos resulte áxil e sinxelo, que sexa de utilidade a cantas persoas a consulten.

   Temos versións dos textos en español e inglés.

Mapa sensible. Pulse sobre o monumento que desexe coñecer.

 

<

Pedrafitas Antas Círculos líticos

Consulta a nosa páxina de enlaces e se estás interesado no mundo antigo non deixes de examinar esta web.

Contador de visitas a la página
desde el 25.06.00

s